Monday 16 de September de 2024

Ferida unha persoa tras a colisión entre un coche sen carné e un gardarraíl no lugar de Centroña, no concello de Pontedeume


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial das Pontes foron alertados esta madrugada da colisión dun coche sen carné contra un gardarraíl no quilómetro 9.5 da DP-4803, á altura do lugar de Centroña, no concello de Pontedeume. A acompañante resultou con fractura aberta nunha perna.

No operativo, os bombeiros prestaron apoio ao 061 para mobilizar a vítima na padiola.